“Galegos, sede fortes,
prontos a grandes feitos;
aparellade os peitos
a glorioso afán;
fillos dos nobres celtas,
fortes e peregrinos,
luitade polos destinos
dos eidos de Breogán“
“Os pinos” poema de Eduardo Pondal nas voces de: Lola Villar, Charo Miloro, Montse Copa, Roxana Villagrasa, Cris Amoedo, Alicia Savaxe, Raquel Fernández, Susi de la Torre, Nila Álvarez, Stella Maris González, Esther Alonso e Toñi Caseiro.
Himno galego interpretado polo Cuarteto Egeria.
Parabéns a todos os que levamos a Galicia no corazón, feliz Día da Matria Galega!