“Falan castelán”

Un poema de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022

FALAN CASTELÁN

O vello cacique – quen mo quer mercar? – que, dende o seu pazo, amola ao paisán, FALA CASTELÁN

O repartimento das utilidás tamén vén escrito TODO EN CASTELÁN

O crego da aldeia, do inferno a berrar pra meterlle medo ao pobre aldeán, FALA CASTELÁN

Dille que condena se fai tal ou cal fálalle do demo, TODO EN CASTELÁN

O siñoritiño da vila de Tal, con vento na testa, sen calos na man, FALA CASTELÁN

Como é cousa “fina” o alleo falar, di… cen parvadas, TODO EN CASTELÁN

Certo forasteiro, rico por roubar, que veu a Galiza vendendo azafrán, FALA CASTELÁN

Il, que chegou fraco e que está a estoupar, fixo os seus choíños, TODO EN CASTELÁN

Aquil rapás listo que anda a predicar en tódolos mitins por mor de medrar FALA CASTELÁN

Di que aos que gobernan hai que se achegar, de “chaqueta” troca, TODO EN CASTELÁN

Mozo falanxista, mistura infernal de tolo e verdugo FALA CASTELÁN

Soñando coa moura España imperial, canta Torquemada TODO EN CASTELÁN

Quere enguedellarte calquer lacazán? Pois, ao xulgado te vai demandar, FALA CASTELÁN

Ata o “mandamento” que ordena embargar, tamén vén escrito TODO EN CASTELÁN

Ouh, lingua de Cervantes, de Lope e de Quevedo, ouh, fala de Castela, nai de conqueridores, ouh, idioma sublime, ou castelán sonoro! (O que é, na nosa Terra, tes bos embaixadores!)

Graciñas a Ana, Lola, Lila, Montse, Silvia, Orisel e Pedro, Carmen, Abdoulaye, Isabel, Elisabeth, Oriana, Nila, Andreia e Alfonso por darlle voz a este poema.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s