Son verbos moi distintos

Mexar: do latín popular «meiāre» e a súa vez do latín «meiĕre». Verbo intransitivo que significa “expulsar a urina”.

Chover: do latín popular «plovĕre» e este do latín «pluĕre». Verbo intransitivo que significa “caer auga das nubes en forma de pingas”.

É moi importante ter clara a diferenza entre ámbalas dúas palabras… sobre todo en época de eleccións.