25 de xullo – Día da matria galega

“Alba de Gloria” é posiblemente unha das mellores pezas de oratoria en lingua galega. Foi o discurso pronunciado por Castelao o 25 de xullo de 1948 no Centro Galego de Bos Aires.

Podedes descargar de balde o discurso no seguinte enlace ata o 24 de agosto: http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4380

Son verbos moi distintos

Mexar: do latín popular «meiāre» e a súa vez do latín «meiĕre». Verbo intransitivo que significa “expulsar a urina”.

Chover: do latín popular «plovĕre» e este do latín «pluĕre». Verbo intransitivo que significa “caer auga das nubes en forma de pingas”.

É moi importante ter clara a diferenza entre ámbalas dúas palabras… sobre todo en época de eleccións.